FBA
Fundación Bautista Álvarez

Arquivo Histórico do Nacionalismo é un proxecto da Fundación Terra e Tempo para un mellor coñecemento do noso pasado como povo. Trátase de pór a disposición de toda a sociedade galega os Arquivos Históricos da Unión do Povo Galego que xestiona a Fundación así como as achegas documentais feitas por asociacións de diversa índole e particulares. O obxectivo –en función das posibilidades materiais e os apoios que teñamos- é divulgar todo un patrimonio acumulado ao longo de cinco décadas de actividade, tanto pública como clandestina, das distintas organizacións e persoas que loitaron por colocaren a Galiza como nación no mundo con plenos dereitos.