FBA
Fundación Bautista Álvarez

Aviso Legal

A Fundación Terra e Tempo de Estudos Nacionalistas informa de que todos os datos facilitados a través de formularios electrónicos e/ou por medio do correo electrónico serán tratados con estrita confidencialidade, de acordo co estabelecido na Lei Orgánica 15/1999, de 13 de decembro, de Protección de Datos de carácter persoal. Podes exercer o dereito de acceso ao ficheiro, rectificación e cancelación dos teus datos. Para iso, podes enviar por escrito unha solicitude a: Fundación Terra e Tempo. Avenida de Lugo, 219, 1º, 15703, Compostela, Galiza ou remitir un correo electrónico a info[]bautistaalvarez.gal

A Fundación Terra e Tempo comprométese a utilizar de xeito responsábel e confidencial os datos, garantindo que os datos dos usuarios se tratarán de acordo coas esixencias legais, e que tan só serán utilizados coas finalidades de comunicación, información e administración. Así mesmo, os datos rexistrados son axeitados, pertinentes e non excesivos en relación co ámbito de actuación e as finalidades da Fundación. O usuario responderá, en calquera caso, da veracidade dos datos facilitados, reservándose a Fundación Terra e Tempo o dereito a excluír dos servizos rexistrados a todo usuario que facilitase datos falsos.