FBA
Fundación Bautista Álvarez

Cesión documental

A Fundación Bautista Álvarez ofrécese a xestionar a catalogación, conservación e dixitalización que particulares e asociacións queiran depositar, tanto de xeito temporal como definitivo, de documentos relacionados co nacionalismo galego. Coa sinatura dun Contrato de cesión, estabeleceremos de común acordo o ámbito temporal, a documentación que pode ser accesíbel ao público, as condicións de préstamo, expresar claramente quen é o propietario –tanto nas consultas en web como nas feitas en persoa, e un amplo etcétera. O que move a Fundación con este servizo é que nada do que poida ser esencial na Historia do nacionalismo galego e das súas organizacións sociais poida perderse. Mesmo é posíbel a cesión só para dixitalización, devolvendo de inmediato os orixinais facilitados.

Se queres información personalizada chámanos (981 57 02 65) ou contacta connosco por correo electrónico sen compromiso clicando aquí.