FBA
Fundación Bautista Álvarez

Realización

Este proxecto aséntase en catro peares no traballo coa documentación: indexación, categorización , dixitalización e disponibilización para o acceso público e aberto tanto a nivel  físico como a nivel virtual a través de internet. As fases de indexación e categorización trasladadas a unha base de datos consistiron nunha exhaustiva  asignación de materias ou temas a todos os documentos e establecer cada un dos grupos en que se clasifican os arquivos da mesma natureza documental de acordo cunha clasificación xerárquica previamente establecida. Deste xeito os tipos de documentos clasificáronse por título, subtítulo, autoría, autoría II, tipo de documento, tipo de impresión, número de páxinas, tamaño, lugar, data, número de exemplares, temática, observacións e número de armario, andel e caixa. Algúns destes campos só serán accesíbeis para a administración interna da páxina.

A parte do arquivo coa que se traballou constaba de diferentes tipos de documentos (clasificados en categorías) entre os que se atopan  arte, carta, cartel, comunicado, convocatoria, diapositivas, documento interno ou público, folla solta interna ou pública, fotografías, negativos, notas de prensa, publicación periódica e telegramas. No que respecta ás temática documental  tamén se fixo un esforzo por filtrar e definir o máis posíbel esta, introducindo a de agrario, cultural, ecoloxismo, emigración, ensino, estudantil, feminismo, internacional, lingua, mocidade, nacionalismo, pacifismo, sindical, veciñal e xuvenil. Tamén no campo de impresión nos atopamos con diversos tipos, pasando por mecanografados orixinais, manuscritos, multicopista, fotocopia, imprenta, serigrafías, estampados e outros moitos. No campo de autoría a listaxe aínda é moi extensa pasando por diversos partidos, sindicatos, asociacións de diversos ámbitos, plataformas, grupos e persoas. Noutros campos máis de tipo técnico nos atopamos con diversos tipos de tamaño, lugares de impresión, datas e outros dos quen tamén  sería complicado facer unha listaxe. Tras esta fase pasouse á fase de dixitalización e disponibilización de todo o traballo feito vinculado directamente a base de datos orixinal.