FBA
Fundación Bautista Álvarez

Atopáronse 1 resultados:

CIG

Xorde primeiramente como Converxencia Intersindical Galega sendo unha coaligación electoral entre a INTG e a CXTG-IN para as eleccións sindicais do ano 90 para pasar posteriormente, e logo dunha etapa na que se empregou para convocar unitariamente mobilizacións e campañas, a converterse nunha única organización sindical no congreso de unificación de 1994 pasando a denominarse xa Confederación Intersindical Galega. Defínese como “organización sindical dos traballadores e das traballadoras galegas constituída para a mellor defensa dos seus intereses, desde unha perspectiva de clase que aspira a unha Galiza plenamente soberana e sen explotación.” Desde a súa fundación ten unha importante presenza nas empresas e na negociación colectiva na defensa dun Marco Galego de Relacións Laborais e na oposición ás sucesivas reformas laborais impostas polos gobernos e pactadas polas centrais españolas CCOO e UGT. Conta na actualidade con máis de 70.000 afiliados e afiliadas e con máis de 4.000 delegados.